A primeira hora deste luns, un incendio quemou dúas casas de madeira en Betanzos. O dono das propiedades afectadas indicou que a causa podería atoparse no tendido eléctrico.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu o aviso pasadas as 7 da mañá. Sobre as 9 e media, o incendio estaba apagado, sen lamentar danos personais. Ao lugar do suceso aproximáronse o 061, Bombeiros, Policía Local e a Gardia Civil.
O 061 dispón dunha única Central de Coordinación, situada en Santiago de Compostela, que centraliza os avisos procedentes de Galicia en casos de emerxencia médica. Para actividades relacionadas coa consulta, a asesoría sanitaria, a educación para a saúde e a prevención de enfermidades, está en marcha o número de Atención Sanitaria, 902-400-116.