Estrea Mundial de ‘A Esmorga’, de Ignacio Vilar, este sábado no Festival de Cine de Ourense

Os tres protagonistas da película, Miguel de Lira, Karra Elejalde e o vigués Antonio Durán 'Morris'

Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) , que comeza este sábado, día 15 de novembro e durará ata o día 23 acolle a estrea mundial do filme galego A Esmorga, dirioxido por Ignacio Vilar.Unha adaptación cinematográfica da novela do escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor, que os espectadores poderán disfurtas ás 8 e media da tarde na Sala Principal do Auditorio Municipal.

O filme, protagonizado polos actores galegos Miguel de LiraAntonio Durán “Morris, xunto ao vasco, Karra Elejalde, que dan vida a Cibrán, Milhomes e Bocas. narra unha noite de esmorga pola vila ourensana. O filme, que empezou a rodarse nas provincias de Lugo e Ourense  o pasado mes de febreiro, recrea espacios da capital ourensana, mencionados na obra por Blanco Amor, como o Casco Vello ou a Praza Maior.

En Ourense, en 1996 nace o festival de carácter internacional, que cada ano presenta producións audiovisuais, tanto de Galicia como de países extranxeiros, con un nexo común: temáticas comprometidas e innovadoras. A primeira proxección foi La moños, da realizadora Mireia Ros.


 

You may also like