Vigo al minuto

A Universidade de Vigo porá en órbita o seu terceiro satélite totalmente fabricado en Galicia, o ‘FemtoXat’

Logo do éxito do Humsat-D e, especialmente do XaTcobeo, a Universidade de Vigo porá en órbita, a mediados do ano que ven, o ‘FemtoXat’, un satélite feito en Galicia que é único no mundo. É así polo polo seu tamaño, pesa arredor de 250 gramos, o que conleva unha enorme miniaturización das componentes, e tamén pola súa fabricación íntegramente mediante impresión 3D en metal e polímero e a súa compatibilidade parcial co estándar cubesat.

O Femtoxat permitirá recibir datos da superficie da terra e comunicalos a calquer outro punto do globo en tempo real para a súa aplicación en temas humanitarios e científicos. O satélite permitirá medir velocidades do vento no caso de furacáns ou ciclóns, ou temperaturas, que axudarían a adiantarse á erupción dun volcán ou a un terremoto.

30 persoas das escolas de Telecomunicacións, Industriais e Informática da Universidade de Vigo veñen traballando dende hai tres anos no Femtoxat e agárdase que poida porse en órbita no verán de 2015.

 

También te puede interesar