As Rías Baixas en alerta amarela por ventos no mar de forza 7

O litoral atlántico galego, en concreto as Rías Baixas e o Oeste da Coruña, estarán este martes, día 18 de novembro, en alerta amarela por vento no mar, forza 7.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, o paso dunha fronte asociada á borrasca situada ao Oeste de Irlanda deixará un episodio de ventos fortes de compoñente Sur en todo o litoral atlántico.

Deste modo, entre as 9 da mañá e as 9 da noite, o aviso será amarelo nas Rías Baixas e no Oeste da Coruña por ventos de compoñente Sur, forza sete.

 

También te puede interesar