Vigo al minuto

Homenaxe a Begoña Caamaño, este xoves, na Universidade de Vigo

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo organiza, este xoves, día 20, ás 12 e media- no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución- unha homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño.

Begoña, quen faleceu hai apenas tres semanas, foi compañeira na Radio Galega, onde dirixiu e presentou programas como “Trécola”, “Andando a Terra”, “Club Cultura” ou o “Expreso de Medianoite” pero, sobre todo, foi una estupenda escritora autora de novelas como “Circe e o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle”, que recibiu o Premio da Crítica Española e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua galega.

Este acto de lembranza contará coa participación de Estefanía González Álvarez, Antía Monteagudo, María Xosé Queizán, Amanda Álvarez e Uxía, e no mesmo proxectarase un vídeo con fotos e textos da propia Begoña.

 

También te puede interesar