Vigo al minuto

Suspéndese o encendido de Nadal e o alcalde decreta dous días de loito pola morte da axente de Policía

O Concello ven de suspender o acto de encendido das luces de Nadal, logo da morte dunha axente da Policía Nacional no atraco á sucursal de Abanca en Doutor Carracido. Ademáis, decrétanse dous días de loito oficial.

A nova foi confirmada nunha nota oficial enviada aos medios de comunicación, “o Goberno da cidade de Vigo quere mostrar a súa dor polo pasamento da axente da Policía Nacional, falecida hoxe nesta cidade. Este goberno quere enviar o seu pésame a súa familia e a todo o Corpo da Policía Nacional.

O alcalde decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media asta, así como a suspensión do encendido das luces e o inicio das Festas de Nadal para o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 7 da tarde na Porta do Sol”.

 

También te puede interesar