O persoal sanitario da Área Sanitaria de Vigo está convocado a secundar paros de catro horas para este martes, mércores e xoves, días 9, 10 e 11 de decembro, en horario de 11 e media a 1 e media e de 6 e media da tarde a 8 e media da noite.
Os paros servirán para denunciar que “cos plans privatizadores do PP, que contemplan a eliminación de numerosos postos de traballo no conxunto da área sanitaria viguesa, o pacientes e usuarios da sanidade pública imos ter unha asistencia moito peor”, e que por elo “hai que amosar que rexeitamos este modelo” que pretende facer da nosa saúde un negocio.
Estas protestas culminarán o xoves (8 da tarde dende o Hospital Xeral) cunha manifestación apoiada por SOS Sanidade Pública, Rede de Mulleres, BNG, Marea de Vigo, EU, Anova, Favec e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, Moaña e Val Miñor, baixo o lema ‘Hospital de Vigo 100 x 100 público. Privatización=Corrupción’.