Os tripulantes de ‘O Genita’, un pesqueiro de Ribeira que tiña previsto atracar en Vigo foron rescatados este mércores en augas de Escocia, logo de que, por mor do forte temporal, o buque quedase á deriva.
O capitán pediu axuda por radio cando estaba preto de Westray, debido a que a forza do mar deixara ao barco, con 16 persoas a bordo, sen goberno. Á hora de redactar esta información non había máis datos sobre o estado da tripulación ainda que sí confirmouse que xa zarpou cara ao lugar unha embarcación, dende o porto de Orcadas, para axudar no rescate.