Paixase espectacular, un castro, muíños rupestres e de augua. Saiáns amosará o domingo,nun novo roteiro de ‘Camiña e Coñece’, estes tesouros que agocha no seu parque forestal. Tratase dun percorrido adecuado para tódalas idades e cuña duración aproximada de 3 horas.
Ao longo de 5 paradas nas que intervirá un guía, aquel que asista sorprenderase co Castro de Estea, un dos poucos de Galicia que conta con dobre terraza e zanxa de protección. Nel se recuperaron vestixios e, actualmente, está na súa primeira fase de musealización grazas a unha suvención otorgada polo bipartito para tal efecto. Neste intre estase a eliminar a súa masa arbórea , posteriormente farase unha limpeza polo miudo (sen intervir maquinaria) sinalizarase e editarán un libro con máis información.
Pero non se queda aquí o atractivo do roteiro, xa que no percorrido poderanse observar dúas tipoloxías de muíños: o rupestre navicular e os de auga históricos.
O broche final o pon o Monte da Bandeira, dende onde se pode contemplar Saiáns e o seu contorno xeográfico.
Xosé Rei, presidente da Asociación de Veciños de Saiáns, amosouse orgulloso de “por en valor as cousas da parroquia” grazas ao ‘Camiña e Coñece’, promovido dende o Concello de Vigo. Así, Rei explicou en rolda de prensa o traballo que están a desenvolver no parque forestal, que non remata coa musealización do castro. Así, actualmente se encontran a elaborar un novo Plan de Ordenación que contempla a reforestación da parte baixa do monte con especies autóctonas.
Xa sabes, se che interesa, tes unha cita este domingo 27, as 10:00 horas no Parque Forestal de Saiáns.
‘Camiña e coñece’ é unha iniciativa das concellerías de Deportes, Cultura e Animación Sociocultural. En edicións pasadas recorreuse a cidade de Vigo, o Lagares, Bouzas, Valadares, Chandebrito e Zamáns. O roteiro de Saiáns o organiza en colaboración coa Asociación de Veciños da parroquia.