Vigo al minuto

Os médicos de Urxencias do Meixoeiro, en folga indefinida

Os sindicatos CESM Galicia e O’mega veñen de convocar unha  folga de médicos, indefinida, en Urxencias do Hospital Meixoeiro para esixir que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) contrate a un médico máis xa que consideran que o servizo está atendido de xeito deficiente.

“Dende hai máis dun ano” están a denunciar unaumento importante” da carga laboral, que está a derivar no incremento do tempo de espera e a demora na resolución das patoloxías dos pacientes que acoden a Urxencias.

Os médicos subliñan que estes problemas se acentúan en certas quendas e días da semana nos que o número de facultativos é inferior a outros días con carga asistencial similar. Así, sinalan que nas quendas diúrnas de luns a venres hai 6 médicos e sábados e domingos só 4; e de noite hai 3, os martes, mércores e xoves, e o resto de días hai 4.

“Estas diferenzas non se xustifican coa carga laboral que se ten que atender, polo que é necesaria unha homoxeneización”, trasladaron os sindicatos, que aseguraron que presentaron estas esixencias “en reiteradas ocasións” ante a Xerencia, pero non foron atendidas.

A folga terá duración indefinida e os paros manteranse entre as 9 da noite dos martes e as 9 da mañá dos venres- respectando os servizos mínimos cos que “a correcta asistencia está garantida”-.

 

You may also like