Vigo al minuto

Traballadoras sociais do Concello protestan contra a “precariedade na que están os usuarios”

Traballadoras sociais do Concello concentráronse, este luns, diante da Unidade Básica de Atención (UBA) da Praza da Princesa para denunciar a “situación de extrema precariedade e desamparo na que se atopan os usaruios deste servizo” como consecuencia da “falta de recursos, tanto manteriais como personais, adscritos ao departamento”.​

Trátase da primeira das mobilizacións que teñe previstas este colectivo que este martes estarán, á 1 da tarde delante da UBA de Coia; o mércores, á mesma hora diante do Concello, e o xoves, día 18, tamán á 1, en Teis.

 

También te puede interesar