Galicia

Sanidade lembra a importancia de vacinarse contra a gripe dentro da campaña que remata o sábado que ven

A Consellería de Sanidade ve de salientar a importancia de que as persoas dos grupos de risco e maiores de 60 anos se vacinen fronte á gripe no marco da campaña que finalizará este sábado, 20 de decembro.

A mesmas está destinada ás persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco -con condicións crónicas de risco, embarazadas e persoas ingresadas en institucións pechadas, entre outras-. Tamén lembra que é esencial a vacinación do persoal sanitario, empregados de institucións pechadas e outros centros para enfermos crónicos; ás persoas que atenden ou están en contacto con persoas incluídas en grupos de risco; e as que desenvolven traballos esenciais para a comunidade, como policías e bombeiros.

Sanidade incide en que a vacinación “é o mellor xeito de previr a gripe. Ao respecto, indicou que a pasada tempada esta doenza provocou a morte de 53 persoas e foi a causa de 811 ingresos hospitalarios, dos que o 16,8 %, un total de 136 persoas, requiriron ingreso na UCI.

Para esta campaña, segundo engadiu Sanidade, adquiríronse 530.300 doses, das que se usaron máis de 442.700, das cales 179.600 na provincia da Coruña; unhas 66.300, en Lugo; unhas 60.300, en Ourense; e unhas 128.100 en Pontevedra.

A Consellería sinala que os obxectivos da campaña actual é conseguir unha cobertura vacunal do 65 % entre a poboación maior de 65 anos e, ao igual que o ano pasado, fai un “especial fincapé” na vacinación do persoal sanitario.

Deste modo, entre os traballadores de Atención Primaria e especializada do Sergas o obxectivo de cobertura é superar o 35 %. Ata o momento, máis de 1.500 médicos e uns 1.350 profesionais de enfermaría vacináronse contra a gripe.

Galicia conta cuns 900 puntos de vacinación, entre os que se atopan centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privadas; así como residencias e centros para a terceira idade, entre outros.

 

También te puede interesar