Galicia

Os mergulladores volven a baixar ao lugar do afundimento do ‘PaquitoII’

Mergulladores de Salvamento Marítimo e da Garda Civil realizan este luns inmersións na zona do afundimento do ‘Paquito II’ para tratar de localizar aos dous tripulantes que aínda permanecen desaparecidos.

Segundo fontes de Salvamento Marítimo, ao mesmo tempo, despois de que esta fin de semana fose localizado un xersei dun dos mariñeiros nunha praia, continuarán por terra os labores de busca que están a facer voluntarios de Protección Civil de Ribeira e de Boiro.

Hai que lembrar que Salvamento recibiu ás 5 da tarde do martes pasado o aviso de que, ás 2 da tarde, se perderá o contacto co bateeiro, que saíra de Cabo de Cruz, en Boiro, onde ten o porto base, rumbo cara a Muros.

Na zona, localizáronse o martes diversos obxectos persoais dos mariñeiros desaparecidos, a botica de primeiros auxilios do bateeiro e unha mancha de gasóleo. O mércores foi recuperado ademais o cadáver do patrón, mentres que os outros dous tripulantes aínda permanecen desparecidos.

 

You may also like