Non debe de ser un “feito illado”, como dixo o alcalde de As Neves hai uns meses cando os veciños sufriron varios asaltos nas súas casas, pola noite. A proba é a madrugada do venres, por segunda vez no ano, os ladróns entraron no Concello.
Segundo soubo esta redacción, os cacos entraron en varios despachos e remexeron en caixóns, deixando todo guindado polo chan…ainda que, ao contrario do que o pasado 31 de xullo, non levaron cartos.
Debeu ser por isto que tamén entraron lo Centro Social, preto do Concello, e alí si que atoparon qué sacar: o televisor do bar..e nada máis, ainda que sí estiveron buscando noutras dependencias, forzando a porta dunha delas.