'Qué te cuentas?'

‘Abren dilixencias’ a unha rapaza por darlle unha patada a un dos ‘regalos’ de Nadal que hai en Príncipe

Axentes da Policía Local instruíron dilixencias por unha “infracción á ordenanza reguladora da convivencia e ocio” a unha rapaza de 18 anos que, supostamente, deulle unha patada a un adorno de Nadal.

Como informa a Policía, os feitos aconteceron pasadas as 2 e media da mañá deste venres: unha patrulla foi comisionada pola Central para que se trasladase ao cruzamento entre Príncipe e Eduardo Iglesias, onde vixilantes interceptaran unha persoa que dera unha patada a un adorno de Nadal.

Unha vez no lugar, os axentes identificaron á moza quen, parece, deulle unha patada a un adorno con forma de regalo desprazándoo do seu sitio, sen causar outros danos. Á vista dos ‘gravisimos’ feitos, non houbo ‘charla e lectura de cartilla’, senon instrucción de dilixencias que, se cadra, soa moito máis serio.

 

You may also like