As pensións do sistema da Seguridade Social subirán un 0,25% a partir do xoves, 1 de xaneiro, despois de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publique este mércores o Real Decreto que aproba a súa revalorización.
Esta suba será de aplicación ás pensións de incapacidade permanente, xubilación, viuvez, orfandade e en favor de familiares do sistema da Seguridade Social na súa modalidade contributiva “sempre que se causaran con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015”.
Segundo o Real Decreto, o importe da pensión unha vez revalorizada estará limitado a 2.560,88 €, entendendo esta cantidade referida ao importe dunha mensualidade ordinaria, “sen prexuízo das pagas extraordinarias que puidesen corresponder”.
Este límite deberá adecuarse naqueles supostos nos que o pensionista teña dereito ou non a percibir 14 pagas ao ano, comprendidas nun e outro caso, as pagas extraordinarias, aos efectos de que a contía non supere ou poida alcanzar, respectivamente, os 35.852,32 € en cómputo anual.