É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másLogo de casi tres meses pechados, os comerciantes de A Pedra piden que os deixen traballar
Pese á incautación de 20.000 prendas e zapatos, hai xa tres meses, e que non houbo nin toma de declaración nin xuizo, os postos de A Pedra seguen pechados. Este venres, como anunciaran, os comerciantes volveron a concentrarse diante da entrada do mercado tras unha pancarta na que pedían á xuiza que leva este caso ‘Queremos traballar’.
O peche dos postos afecta a máis de 60 familias que, dende outubro, non teñen ingreso algún e que piden que lles deixen volver aos seus postos mentres agardan para facer fronte ás posibles responsabilidades que poidan derivarse da ‘Operación Cuarzo’.
Como reiterou o xerente de Vigo Vello, este peche “puxo a varias familias en situación extrema, posto que non teñen ingreso algún”, ademáis, Anxo Méndez salientou que o feito de que o Mercado de A Pedra, “que é un atractivo turístico de primeiro nivel da cidade” está pechado ven de ocasionar importantes perdas ao resto do establecementos do Casco Vello que terán que afrontar un mes de xaneiro “moi difícil”.