Galicia

Sol e frío, este domingo en Galicia

Un anticiclón continuará centrado sobre a península durante este domingo, o que traerá, un día máis, tempo estable a Galicia. Así, os ceos estarán despexados, con algunhas nubes na zona do litoral norte pola mañá. Pola noite comezará a entrar nubes de tipo alto dende o oeste.

Segundo a previsión de Meteogalicia, as temperaturas non terán cambios significativos, aínda que as mínimas rexistrarán descensos no terzo norte e continuarán as xeadas a primeiras horas en puntos do interior.

As máximas oscilarán entre os 16 graos de Vigo e os 13 de Lugo, mentres que as mínimas estarán entre os -2 graos de Lugo e os 5 de Pontevedra e Vigo.

 

También te puede interesar