A Asemblea de coordinación a nivel estatal das Marchas da Dignidade reunirase en Cangas, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015.
Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galicia, vai ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.
Previsiblemente, segundo informan os seus organizadores, “o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do Estado”. Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo Estado español que compoñen este movemento.