O 061 atendeu durante a Ponte de Reis a 75 persoas debido a 62 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas. Segundo informa o 061, a Central de Coordinación recibiu, entre as 3 da tarde do venres 2 de xaneiro e as 12 menos un minuto deste martes, 6 un total de 75 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o luns, con 20 incidentes.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 86: as ambulancias medicalizadas realizaron cinco saídas; as asistenciais, 66, e as convencionais, seis; mentres que o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete casos.
En 69 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.
Pontevedra, con 25, foi a provincia que rexistrou o maior número de accidentes durante os desprazamentos da Ponte de Reis; seguida da Coruña, con 23; Ourense, con 11; e Lugo, con tres.