Vigo al minuto

Un deputado socialista anima a Feijóo a que presente a Príncipe á Alcaldía de Vigo polo PP

Feijóo e o probable candidato popular á Alcaldía de Vigo, Chema Figueroa/Tresyuno Comunicación

O deputado Abel Losada invitou ao presidente Feijóo, a presentar a Carlos Príncipe como candidato do PP á Alcadía de Vigo xa que é “moi amigo” seu, e criticou que so presidente sexa “moi locuaz” para falar da expulsión do ex alcalde das filas socialistas e, pola contra, non explique a súa relación con Marcial Dorado ou con Pachi Lucas.

Nun comunicado, o deputado socialista reposta ás declaracións realizadas por Feijóo, este xoves, logo do  Consello da Xunta, nas que dixo que o PSOE “se apresurou menos” en expulsar Príncipe que en desmentir as súas acusacións sobre suposto enchufismo e corrupción no Concello de Vigo.

Abel Losada di que Feijóo “se volveu moi locuaz con esta decisión do Partido Socialista, pero segue mantendo silencio” sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado, co “seu amigo” Pachi Lucas, que “aparece como intermediario en canto negocio hai neste territorio”.

Ademáis, Losada pediu a Feijóo que aclare “os sistemáticos contratos da Xunta coa empresa na que a súa irmá desempeña un cargo de responsabilidade. Claro que non esperamos outra cousa dun presidente que ten a visión de que a ética a dan os votos”, di o deputado do PSdG.

 

También te puede interesar