Vigo al minuto

A Xunta di aos veciños de Teis que a falla de orzamentos para a ETEA non impide actuar neste lugar

Desde a Asociación Veciñal de Teis, solicitaron está xuntanza para coñecer cales son as actuacións previstas da Xunta neste terreos, “pois observamos que non se avanza no proxecto da Cidade do Mar, non hai ningunha partida orzamentaria nos orzamentos da Xunta de 2015 para a ETEA e non se realizou ningunha dotación para o barrio, como por exemplo a construción dunha residencia para maiores”.

Os responsábeis da Xunta sinalaron que o feito de que non haxa  partida orzamentaria non impide que non se podan realizar actuacións na ETEA e que a realización do proxecto da “Cidade do Mar ” está depende dun acordo coa Universidade, sobre a permuta duns terreos.

En relación co parque  público realizado pola Consellaría en marzo de 2013 os veciños amosaron a necesidade de manter unha limpeza e mantemento deste espazo público. “Está asociación ten denunciado reiteradamente a falta de limpeza deste espazo, que se agrava no período de verán pola  afluencia da veciñanza”.

A Delegada Territorial sinalou que o pasado verán a limpeza deste parque realizouna a Xunta, pero que é unha competencia municipal e se comprometeu a procurar a dotación duns baños públicos na ETEA.

 

You may also like