'Qué te cuentas?'

O fiscal pide 243 anos de cadea para o autor do roubo do Códice…pero por roubarlle cartas aos veciños

O ladrón confeso do Códice Calixtino, José Manuel Fernández Castiñeiras, vai ser xulgado o día 15 deste mes polo suposto roubo de cartas dos seus veciños, delito polo que o fiscal pide 243 anos e cadea.

Segundo fontes do  Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Manuel Fernández Castiñeiras debe comparecer o xoves no Culgado do Penal Número 1 de Santiago polo suposto roubo da correspondencia dos veciños do edificio de O Milladoiro no que vivía. Trátase dunha compaecencia a catro días so do xuizo polo roubo do Códice, fixado para o día 19.

Segundo o auto xudicial, o Fiscal pide 18 meses de cadea por cada un dos 162 delitos contra a intimidade dos que se acusa a Fernández Castiñeiras, ademáis dunha multa de 15 meses cunha cuota de 30 € ao día e unha indemnización de 1.000 € por daño moral a 19 persoas.

A acusación particular solicita unha condena,  por 295 delitos contra a intimidade, de 36 meses cada un o que sumaría 885 anos de cadea, ademáis reclama unha multa de 20 meses a 30 € ao día, en total 5.310.000 € e 21 indemnizacións de entre 1.100 e 7.800 € máis.

 

You may also like