Dende este martes, día 13 de xanairo, e ata venres 6 de marzo, está aberto o prazo de recepción de curtametraxes e videoclips para a décimo segunda edición do Festival de Cans, que celebrará do 20 ao 23 de maio. Nesta 12ª edición se entregarán 12 premios: nove para curtametraxes, dous para videoclips e un honorífico, o Pedigree. Serán en total 5.200 €, ademais dos Cans de Pedra.
Os premios e categorías son as seguintes:
a) Premio do xurado á Mellor Curtametraxe: 1.500 euros e Can de Pedra.
b) Premio do público a Mellor Curtametraxe:1.000 euros e Can de Pedra
c) Premio do xurado a Mellor Curta de animación: 1.500 euros e Can de Pedra. (2)
d) Premio do xurado ao Mellor Guión: 300 euros e Can de Pedra
e) Premio do xurado á Mellor Realización: 300 euros e Can de Pedra
f) Premio do xurado ao Mellor Videoclip: 300 euros e Can de Pedra
g) Premio do público ao Mellor Videoclip: 300 euros e Can de Pedra
h) Premio do xurado dos veciños á Mellor Curta: Can de Pedra
i) Premio do xurado ao Mellor Actor: Can de Pedra
j) Premio do xurado á Mellor Actriz: Can de Pedra
k) Premio do xurado a Mellor Banda Sonora Orixinal: Can de Pedra
As curtametraxes deben estar dirixidas por directore galeg@s e non durar máis de 30 minutos. Os clips deben ser de músicos galegos e estar dirixidos por directores galeg@s. Unhas e outros teñen que estar producidas nos anos 2013, 2014 ou 2015.
Nesta edición, o festival quere fomentar a estrea de curtas no festival, polo que “valoraremos especialmente a presentación de curtametraxes aínda non estreadas en Galicia nin en internet”. Ademáis de curtas ficción e de animación, o festival acepta outros formatos (documentais, webseries…) para outras seccións fóra de concurso e, de feito, segundo os organizadores “non descartamos abrir novas categorías en función do material recibido”.