Comarcas Vigo al minuto

Caballero asegura que os vigueses “non van a pagar o transporte dos veciños de fóra de Vigo”

O alcalde insistiu este xoves que o Concello non pagará o transporte dos veciños de fora de Vigo e subliñou que os vigueses non poder quear fóra do servizo de transporte metropolitano porque “sería inconstitucional”. Abel Caballero volveu a pedir exlicacións ao Goberno de Galicia sobre o porqué non aceptou a oferta da cidade de asinar un convenio anual de 260.000 €, sobre o cal cre que “é un misterio, agás que estivesen mentindo, en calquera caso que teña claro que mentres o alcalde sexa au non asinaremos un cheque en branco”.

Caballero repetiu que detrás deste feito está o rexedor de A Coruña quen non aceptou as condicións de Vigo porque “de telo feito quedaría en moi mal lugar xa que él estivo dacordo nun convenio moi pouco ventaxoso…negociou moi mal”.

O alcalde adiantou que os veciños de Vigo terán subvencionados, “como fixemos ata o dagora” as viaxes no transporte urbán, por medio dos más de 12 millóns que o Concello paga a Vitrasa, e que tamán terán os beneficios do transporte metropolitano, “eles verán o que fan”, dixo en referencia á Xunta e aos concellos da Área Metropolitana, “pero os vigueses terán o mesmo servizo de balde”.

 

También te puede interesar