A maioría da flota galega permanece amarrada a porto este venres, por segundo día consecutivo- xa que non saiu a faenar este xoves tampouco- debido ao temporal e polo mar de fondo que afecta a Galicia.
O litoral galego segue este venres en alerta laranxa por ondas do oeste-noroeste de 5 a 7 metros de altura. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, as ondas mantéñense este venres por enriba dos 5 metros de altura, polo que o aviso é de nivel laranxa todo o día no litoral.