A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a licitación do concurso para elixir á empresa encarga da mellor da estrada que vai do Alto de Puxeiros a Peinador, por un importe de 266.000 € e un prazo de execución de 3 meses. Segundo as previsións do ente provincial, o concurso estará resolto nun mes e as obras empezarán en marzo.
Este treito é de alta densidade de tráfico e a mellora do firme estaba sendo demandada hai meses para a aumentar a seguridade nunha estrada na que prodúcense numerosos accidentes durante o ano.