Vigo al minuto

García Barbón será a primeira ‘rúa intelixente’ de Vigo

O alcalde no inicio das obras, este xoves

Esté é a principal novidade da humanización de García Barbón-na súa primeira fase- iniciada este xoves e que durará uns 6 meses. Entre os elementos que incorporará a rúa están baldosas luminosas con luces LED nas paradas de transporte público -brancas, serigrafiadas co símbolo do autobús- e nos pasos de peóns, conectadas aquí coas fases dos semáforos (vermella e verde). Neste aspecto, o Concello contempla a instalación dun punto de recarga de teléfonos móbiles e unha fonte accesible.

A humanización, que ten un orzamento de 2 millóns,  inclúe unha mellora na eficiencia enerxética mediante a renovación completa da instalación do alumeado con lámpadas de baixo consumo, das canalizacións de saneamento e abastecemento e a execución dunha rede de baixa tensión e outra de telecomunicacións soterrada, para substituir ás actuais conduccións de fachada.

O proxecto estipula un total de 3.265 metros cadrados de superficie de beirarrúas de granito, 15 refuxios axardinados para os colectores de basura, 140 metros lineais de xardineiras lineais e curvas, 13 novas árbores e bandas conmemorativas nos edificios e elementos emblemáticos.

 

También te puede interesar