A dirección de Povisa comunicou este xoves aos sindicatos que plantexará un Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que supón a supresión de 56 postos de traballo. Para plantexar este ERE, os responsables da clínica indican que existen causas organizativas, técnicas e económicas, en especial a perda de ingresos nos dous últimos trimestres de 2014 e unha previsión de 5 millóns de déficit en 2015.
Destos 56 postos, 34 despidos afentarán aos 14 empregados de limpeza do hospital, “todos os que quedaban de Povisa”, 5 telefonistas, “co cal este servizo desaparece”, 5 de control de visitas e 10 fisioterapeutas.
Os 22 despidos restantes, “que baséanse en causas organizativas”, 12 son celadores, “que pasan de 36 a 24, de xeito que as auxiliares terán que facer ese traballo”, 3 administrativos de arquivo e 7 de administración xeral, “entre eles 4 de secretaría clínica, que tamén desaparece”.
Os sindicatos integrados no Comité de Persoal- agás Comisións Obreiras- subliñaron que detrás desta decisión está a intención da dirección de Povisa de forzar a negociación dun novo convenio, como pon de manifesto que dunha plantilla de 1.500 persoas en 2010 “pasamos a ser 1.390, aproximadamente, porque en cada documentación que entregan aparece un número distinto”.
A plantilla, que amosou a súa total oposición a esta medida, criticou a actitude do presidente Feijóo quen manifestou que non se metería nas decisións de Povisa porque afectan a unha empresa privada. “Tamén é unha empresa Clece, e Feijóo sí que se meteu, o mesmo que Citroën”, ademáis, lembraron os representantes sindicais, “o 75% da actividade de Povisa” ven do tratamento de enfermos da sanidade pública, polo cal a Xunta asinou un concerto co policlínico vigués de 800 millóns durante 10 anos.