Vigo al minuto

Presentada unha denuncia na Fiscalía de Vigo polo colapso de Urxencias no Xeral e o Meixoeiro

Comisións Obreiras presentou una denuncia este xoves na Fiscalía de para que abra unha investigación e relación co “caos crónico” nas Urxencias dos hospitais do  Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), que, segundo subliña, deriva nunha falla de seguridade dos pacientes e nunha carga de risco psicosocial para os profesionais.

Comisións presentou a denuncia logo te ter unha xuntanza con persoal de Urxencias e contrastar a falta de intimidade dos doentes, amoreados nos corredores, a falta de confidencialidade, a falta de seguridade e a “masificación” fronte ao número de profesionais que, ademáis deben de pasar moito máis tempo nos servizos.

Tendo en conta todos estos feitos, a central pide á Fiscalía que abra unha investigación, que chegue ao fondo dos motivos desta situación, que depure responsabilidades que, considera Comisións, poden ser “constitutivas de delito”.

Esta situación de colapso non é nova: o ano pasado nestas mesmas datas pasaba o mesmo, indican os representates dos traballadores, de feito, engaden, este mesmo xoves Urxencias do Meixoeiro estaba ateigada, con pacientes nas salas de agarda e tres doentes nos corredores, fora de Urxencias, porque xa non entraban.

 

También te puede interesar