Galicia

Galicia, en alerta por neve e por ondas no mar de ata 6 metros de altura

A montaña de Lugo e Ourense siguen este domingo en alerta pola acumulación de neve e o litoral por ondas do noroeste que poden alcanzar os seis metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, durante este domingo continuará a situación complicada no mar por mar de vento e mar de fondoAsí, ata as 6 da mañá o aviso foi laranxa en todo o litoral galego por ondas do noroeste de entre cinco e seis metros de altura, que seguirá todo o día na costa da Coruña, pero con diminución de altura de onda ata os cinco metros.

Ata as 6 da tarde, tamén persistirá o aviso laranxa na Mariña luguesa por ondas que poden superar os cinco metros, tras o que pasará a nivel amarelo por ondas que poden alcanzar os catro metros. No litoral das Rías Baixas o aviso pasou a nivel amarelo ás 6 da mañá por ondas que poden superar os catro metros de altura.

En terra persiste este domingo o aviso por neve: será de nivel amarelo toda a xornada na montaña de Lugo e Ourense por acumulación de neve de máis de cinco centímetros en 24 horas.No sur de Ourense tamén será amarelo ata o mediodía por acumulacións de neve de máis de dous centímetros en 24 horas, así como no noroeste de Ourense, interior de Pontevedra e centro de Lugo.

 

También te puede interesar