Cidadáns (C’s) concorrerá ás eleccións municipais en Compostela, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Ourense, entre outras localidades galegas, como Ames e Barbanza. Segundo informou a organización, a coordinadora de Cidadáns de Pontevedra, María Rey, anunciou este sábado que a formación concorrerá ás eleccións municipais do próximo mes de maio.
Tras recibir a aprobación do Consello Nacional do partido, María Rey, así como os outros coordinadores, apostou por “unha administración local máis transparente e participativa que estea ao servizo de todos os veciños e non duns poucos”.
Ademais, nun comunicado de prensa, declarou que “a configuración das listas se realizará durante as próximas semanas mediante un proceso interno de eleccións primarias”.
A eles sumouse a coordinadora de Cidadáns de Ourense, Nancy Santos, e o coordinador de C’s de Vigo, Modesto Comesaña; e a de Ferrol, Ana Masafret.