O Parque Nacional das Illas Atlánticas será o protagonista, este mes, dunha serie de actividades co obxectivo de divulgar a súa flora e fauna, así como a importancia da súa conservación: o edificio Cambón acollerá dúas exposicións: ‘Lenzos da natureza’ e ‘Unha ollada ás túas illas’; ademáis, ao longo da semana que ven, os nenos poderán acudir a unha exposición divulgativa sobre zonas húmidas, que coincide coa semana mundial da conmemoración destes espazos naturais. O 19 de febreiro, será a entrega de premios tanto do II Concurso de fotografía como do I Concurso de relatos do parque nacional.
A elo súmase o feito de que o parque tamén programou dúas rutas de inverno para dar a coñecer os trazos máis característicos dos arquipélagos, así como fomentar a importancia do seu coidado: o día 14 de febreiro haberá unha visita ás Cíes, mentres que o 22 será a Sálvora. Tamén este mes, este parque nacional recibirá a visita de varios colexios, como o Mestre Martínez Alonso, de Mos.