O Concello realizará unha campaña de actividades co fin de atraer turistas ás Islas Cíes durante a tempada baixa, segundo anunciou este martes o alcalde en rolda de prensa. Abel Caballero subliñou que a promoción do arquipélago como Patrimonio da Humanidade “xa está empezando a dar bos resultados”, tras os actos promocionales en Fitur, e referiuse á mención do diario británico Sunday Times, do que se fixo eco vigoalminuto este luns.
O alcalde adiantou que se iniciará un programa para de atraer visitantes a Cíes fora do verán, no que haberá ‘paseos sonoros’, mostras de arte efémera, observación de aves, observación de flora e fauna, efectos dos temporais e as mareas, localización de pecio, observación astronómica, fotografía ou pintura.
Ademáis, lembrou, en xuño empeza a ‘campaña oficial’ da candidatura de Cíes a Patrimonio de Humanidade.