A neve e o xeo fai difícil a circulación en distintos puntos de Galicia, especialmente na montaña de Lugo, na que se se necesitan cadeas en diferentes estradas como na LU-710.Segundo a Direción Xeral de Tráfico (DGT), dende primeira hora deste mércores, hai un aviso roxo por circulación difícil na devandita vía á altura de Baralla, dende o quilómetro 0 ao 15,7, nos dous sentidos.
Dende as 6 e media, a circulación tamén é difícil na Autovía A-6, dende o quilómetro 488, en Nadela, ata o 479, en O Corgo. A neve tamén condiciona, dende as 9 da mañá, o tránsito na LU-651, dende o quilómetro 4, en Quiroga, ao 20, en Folgoso do Courel, mentres dende as 8 e media, hai que ir con coidado na AC-234, á altura de Boimorto, dende o quilómetro 0 ao 12.
A neve segue facendo difícil transitar pola LU-530, dende O Cádavo, en concreto entre os quilómetros 30 a 35 nos dous sentidos.