Alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo, levan a cabo unha curiosa e interesante actividade, ‘Lendo coa arte que nos rodea’ que, este mércores levou a a nenos de 11 e 12 anos deste colexio a percorrer parte da cidade para coñecer a súa historia contada pola súa escultura e a súa arquitectura.
A saída empezou ás 10 da mañá na Praza de España, da man do grupo de traballo de Vigo da Asociación de Guías de Galicia* e os rapaces, coa súa guía á cabeza, foron coñecendo a historia dos edificios máis coñecidos de Vigo, levantados nos séculos XIX e XX, ademáis dalgunhas das esculturas máis representativas da nosa cidade.
‘Lendo coa arte que nos rodea’ é unha iniciativa impulsada polo Centro de Educación Infantil e Primaria Ría de Vigo que ten coma obxectivo que os rapaces saiban que a nosa, ademáis de ser a cidade máis grande de Galicia, e un dos motores económicos do noroeste do Estado, ten una personalidade e unha historia propias, nas pegadas que deixaron os veciños, os canteiros, os arquitectos, os escultores, os pintores, os enxeñeiros, urbanistas, industriais, empresarios ou escritores en todo Vigo ao longo dos séculos.
*Asociación de Guías de Galicia: [email protected]. Ana Martín (610 750 823) e María Lorenzo (607084257).