Vigo al minuto

‘Cacerolada’ dos traballadores da Sanidade Pública de Vigo en contra da súa “privatización”

Traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), fixeron este mércores, diante do  Xeral unha ‘cacerolada’ en protesta pola “privatización” e “os recortes” en saúde na área sanitaria viguesa.

A secretaria da comisión de centro salientou que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) “está a experimentar con este área sanitaria”, onde están aplicándose os “recortes máis fortes” e advertiu de que “isto non para aquí, vaise transmitir a outras áreas de Galicia”.

María Xosé Rodríguez afirmou que “si o experimento de Vigo, se lle salgue ben ás empresas amigas do PP e á concesionaria, vaise repetir noutras áreas sanitarias”, asegurou.

Os traballadores aseguraron que hai un auténtico proceso de privatización e desmontaxe da sanidade pública e que o mesmo suporá “o despedimento de grande parte de persoal estatutario e outros que van ser adscritos a concesionarias sen saber as condicións laborais que van ter no futuro”.

A protesta tamén abragiu a oposición ás Unidades de Xestión Clínica, que están a poñer “en perigo real e inmediato”os servizos de Cardioloxía, Hemodinámica e Arritmias no Hospital Meixoeiro, mesmo baixo ameazas e intimidacións ao persoal para que voluntariamente se adscriban a estas”.

Finalmente, tamén se están a mobilizar en contra de que o novo hospital de Vigo non vaia dispoñer dun laboratorio central, e polos “colapsos continuos” que se produciron e se seguen producindo nas Urxencias hospitais vigueses. Tanto é así que este martes a mediodía había 13 pacientes pendentes de cama no Meixoeiro e 20 no Xeral e hoxe mesmo no Meixoeiro, 11 persoas agardaban por unha cama nos corredores.

Os traballadores subliñaron que non deixarán de manifestarse: este mesmo xoves, no Meixoeiro, haberá unha nova ‘cacerolada’, o día 26 organizaron, ás 8 da tarde, unha protesta-‘velorio’ no Xeral, e xa o día 19 de marzo apoiarán a mobilización organizada por SOS Sanidade Pública.

 

También te puede interesar