Galicia

Este é o estado do país: 672.123 galegos en risco de exclusión e 378.000 pobres

672.123 galegos atópanse en risco de pobreza ou exclusión, segundo os datos do informe sobre ‘El Estado de la Pobreza en España’ presentado este martes pola Red Europea de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español (EAPN).

Máis de 127.000 galegos viven con carencias materiais severas, 32.000 máis que en 2009; 275.699, de idades entre 0 e 59 anos, viven en fogares con baixa intensidade de traballo-116.747 persoas máis que hai seis anos.

90.236 persoas están en situación de pobreza severa e 377.971- o 13,9% de toda a poboación de Galicia, son pobres.

 

También te puede interesar