¿Tes algún libro que recomendarías ler a calquera? ¿Ganas de ver algún filme que non chegou aos circuitos comerciais? Pois o ‘Sábado de cine e libros’ está pensado para ti. Hoxe a asociación cultural ‘O Coto’ volve a organizar no Colexio Público Carballal (Cabral) unha xuntanza a partires das 20 horas para que todos os interesados traian o seu libro favorito para intercambialo con outra persoa.
Se non queres prestar exemplares, alomenos poderás disfrutar da proxección de películas de calidade que non é habitual atopar nos cines convencionais. Nesta ocasión é o turno de ‘Cometas en el cielo’, dirixida por Marc Foster e baseada na obra de Khaled Hosseini. Ambientada no Afganistán de 1975, durante a invasión rusa previa aos talibáns, a película narra a historia de dous nenos nunha vida chea de encontros e desencontros, de amistade e traizón.
Numerosas cometas que participan nun torneo infantil crúzanse no intenso ceo azul de Kabul. Pero despois de gañar o torneo a traizón de Amir porá en marcha os mecanismos dunha catástrofe. Despois de 20 anos vivindo en Estados Unidos regresa a Afganistán, a pesar do perigo que supón o implacable goberno dos talibáns, disposto a reparar o dano que fixo.
Trala proxección haberá un pequeno coloquio acompañado con café de balde. Se tes nenos, non te preocupes: no tempo que duren as actividades haberá un taller de xogos, lectura e manualidades para os máis pequenos atendido por persoal da asociación.
Se queres máis información podes entrar na web de O Coto ou chamar aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529.