Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida (EU) á Alcaldía de Vigo, chamou ao acordo entre os distintos movementos e plataformas da esquerda para que formalicen unha coalición que poida presentar unha candidatura unida nas vindeiras Elecións Locais de maio.
Pérez, nun almorzó con xornalistas, sinalou que ese acordo abranguiría a asociacións cidadás, ademási de moventos e plataformas , “que teñan certa representatividade” na cidade, e admitiu que o tempo para materializar ese acordo acábase e que, se non fose posible, Esquerda Unida iría en solitario as elecións.
O candidato de EU foi moi directo e admitiu que AGE -coalición que IU e Anova formaron para as autonómicas- “non fixo os deberes” ao non levar a súa fórmula, coa acadou ser a terceira forza política no Parlamento de Galicia, aos concellos.
Sobre o posible resultado das elecións, o coordenador de EU sinalou que o alcalde Caballero perdeu apoio na clase traballadora, ainda que pode compensalo con votos da dereita, logo de que o Partido Popular “decidise non loitar pola victoria en Vigo”-en alusión a súa candidata-. En calquera caso, salientou, o resultado pasa pola participación ao tempo que non desbotou a posibilidade dun acordo entre PP e PSOE sobre a Deputación de Pontevedra.
Sobre a base do programa de Esquerda Unida, co que cree que hai unha coincidencia con outras forzas e movementos, sinalou entre os seus obxectivos a volta a titularidade municipal dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, en mans de Aqualia, e o transporte colectivo, que xestiona Vitrasa. Ademáis, apostou por a elaboración duns orzamentos municipais participativos, o fin do sistema de contratación pública e das humanizacións, tal como están hoxe, que sustituiríanse por un plan de inversións elaborado por una Concellería de Obras forte.