Galicia

A ministra Pastor repite que iremos en AVE a Coruña en 1 hora e 10 minutos este mesmo ano

A ministra Pastor/Tresyuno Comunicación

A ministra de Fomento, que este venres asistiu a ‘proba de carga’ do viaduto do Ulla, considerado como a infraestrutura máis complexa do Eixe Atlántico de Alta Velocidade Ferroviaria, salientou que os traballos do AVE Galicia Madrid- que deberá estar en funcionamento en 2018- “van en prazo”.

Ana Pastor, acompañada polo vicepresidente do Goberno galego, salientou que coa finalización desta obra, se lle dá un “pulo final” ao Eixe Atlántico ferroviario- a liña Vigo-Coruña- que, reiterou, empezará a operar este 2015, “o máis pronto que se poida”.

A ministra comentou que os dous tramos pendentes- Padron -Vilagarcía e Arcade-Vigo- están xa moi avanzados e a instalación a superestrutura, que inclúe a montaxe de vía, electrificación e instalacións de seguridade, sinalización, control do tráfico e comunicación, están preto do seu remate.

Cando acaben os mesmo, estará funcionando o traxecto entre Santiago -Vigo, que quedará conectado ao traxecto A Coruña-Santiago xa en servizo, “todo o Eixe Atlántico entre Vigo e A Coruña quedará completado, o que reverterá en importantes aforros nos tempos de viaxe. En concreto, a viaxe entre Vigo e A Coruña realizarase nunha hora e dez minutos, e entre Santiago e Vigo en ao redor de 45 minutos”.

 

You may also like