Deportes

O ‘Petanca Arena’ estará en Barreiros

PetancaCatro pistas de padel, as primeiras públicas da cidade, catro máis descubiertas e outras tantas cubertas, duas pistas de chave e cinco de petanca, ademáis dunha de skate, aos que haberá que engadir un edificio semisoterrado para vestiarios, oficinas e aseos. Así será o novo Complexo Deportivo de Barreiro que presentou hoxe o tenente de alcalde. Santiago Domínguez informou que este polideportivo ocupará unha gran zona verde, e completará a oferta deportiva de Lavadores, xa que ao seu carón se atopa o complexo de auga.

Domínguez salientou que este proxecto está pensado coma nunha área deportiva «aberta e de autoxestión«, na que calquer veciño ou veciña poderá facer uso das instalacións «sen ningún tipo de burocracia administrativa» e que, ademáis daqueles espazos, estará dotado dunha pista descuberta de 23×44 metros cadrados, para practicar fútbol sala, baloncesto ou balonmano.A obra estará rematada a finais de ano, conta xa cun orzamento de 1.130.000 € do Plan E.

Esta nova dotación deportiva únese ao complexo de Navia, que terá un pavillón e campo de herba sintética, as instalacións de Cabral, ás piscinas de Barreiro e Florida e as que se arranxen na ETEA dacordo co convenio asinado entre Concello e Zona Franca para a mellora da zona deportiva, proxecto que, ademáis está recollido no pacto local de goberno entre PSOE e BNG.

Plano do novo compleo deportivo de Barreiro
Plano do novo compleo deportivo de Barreiro

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.