O Sindicato de Estudantes (SE) convoca dous días de folga- 25 e 26 deste mes- en contra do real decreto que permite os grados de tres anos. Ademáis do paro, haberá manifestacións, o xoves, nas grandes cidades galegas.
As manifestacións serán ás 12, na Praza de A Palloza, en A Coruña; á mesma hora dende o edificio da Xunta en Ferrol; ás 11 e media na Alameda de Santiago e na Praza de América en Vigo e, en Lugo, ás 12 e media na Avenida de Ramón Ferreiro.