Destacados

Morre o concelleiro de Abegondo Eduardo Cabanas, nun accidente de tráfico

O Concello de Abegondo amosou este luns a sùa dor pola morte do concelleiro Eduardo Zapata nun accidente de coche, na parroquia de Cabanas, logo de sairse da estrada o turismo, bater contra unha árbore e incendiarse.

Zapata era concelleiro do Partido Popular responsable das áreas de Promoción Económica, Industria, Mercados, Comercio e Protección Civil. O alcalde, José Antonio Santiso, lamentou a morte “dun amigo e unha persoa moi querida en Abegondo”.

O accidente foi preto das 11 e media da mañá, nunha pista que vai de Cabanas a Vions. Ao lugar achegouse unha ambulancia do 061 e un médico que certificou a morte.

 

También te puede interesar