Rexeitado por maioría. O Consello Escolar de Galicia non está conforme co anteproxecto do decreto do galego elaborado pola nova Xunta e aprobou presentar unha enmenda á totalidade para a reelaboración dalgún dos puntos propostos. Sen embargo, de pouco servirá, xa que os dictames desta entidade son sinxelamente informativos e non comprometen ao goberno autonómico a nada, polo que o decreto será igualmente remitido ao Consello Consultivo tras incluir parte das 17 recomendacións feitas polo Consello Escolar.
E, unha vez máis, mentres en Santiago se debatía sobre o decreto do plurilingüismo, durante máis de dúas horas un centenar de personas convocadas pola plataforma Queremos Galego se concentraron ás portas da sede do Consello Escolar de Galicia como protesta e para deixar de novo claro o seu rexeitamento ao borrador.