Galiexpo Motorshow abre as súas portas esta fin de semana no recinto feiral do Ifevi na que xa é a súa novena edición. A este salón do motor acuden máis de cen expositores coas marcas máis punteiras do sector e ofrece, ademáis, entretenemento, con espectáculos de primeiro nivel.
Cada unha das pasadas edicións recibiron máis de 50.000 visitantes, consolidándose como o certame máis importante do noroeste peninsular. A cifra de negocio acumulada ao longo destes anos foi de 5 millóns e a participación superior ás 500 empresas.