Rubén Pérez, de Esquerda Unida en Vigo, é o único candidato a encabezar a lista da Marea de Vigo de cara ás Eleccións Municipais de maio, é así porque foi o único que se presentou ás primarias dentro desta plataforma integrada, ademáis de por Esquerda Unida, por Anova e Espazo Ecosocialista.
Outras quince persoas presentáronse tamén ás primarias para completar desta candidatura na que non irá Podemos: o partido liderado por Pablo Iglesias non tivo quorum na cidade para decidir si apoiaba a calquera plataforma -para tomar esa decisión na asamblea de Podemos tiña que participar o 10% dos seus integrantes en Vigo-.
Por iso, Podemos anunciou que “non apoiará ningunha plataforma nas próximas eleccións municipais”…es iso que varios dos membros do seu consello cidadá participaron na Marea nos últimos meses.