O home que conducía o vehículo de mensaxería que este sábado atropelou mortalmente a unha muller en Santa Comba, foi detido pola Garda Civil de Tráfico de Corcubión. Os axentes comprobaron que conducía superando a taxa de alcoholemia permitida.
Segundo a Benemérita, a este home de 33 anos de idade impútaselle un delito de homicidio por imprudencia. O seu caso está agora en mans do xulgado de garda de Negreira, segundo agregou o Instituto Armado.