Galicia

Pechada ao marisqueo a Ría de O Burgo, en A Coruña, por niveis altos de hidrocarburos

Ría_do_BurgoA Consellería do Mar ven de ordear o peche cautelar, para a actividade marisqueira, da Ría de O Burgo, en A Coruña, logo de atoparse hidrocarburos “en niveis superiores aos establecidos, segundo o Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O Goberno galego subliña que o peche estará vixente ata que se teñan os resultados das análise que se están a facer logo da recollida de mostras, polo cal non se poderá recoller marisco entre a Cala de Dexo e a Punta de Alba, da ría coruñesa.

También te puede interesar