Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAsemblea Aberta de Coia convoca unha concentración este xoves nos xulgados pola denuncia presentada contra un dos opositores ao Bernardo Alfageme
Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración, o xoves, ás 9 e media da mañá diante dos xulgados de Vigo coincidindo coa declaración de dous policías locais no Xulgado de Instrucción número 4, en relación coa denuncia por un ‘delito de atentado’ contra Diego Lores, durante as concentracións contra a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Alcampo.
A asemblea afirma que o goberno de Caballero e a súa Policía Local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.
“Logo das mentiras que remataron na condena de Xurxo, agora van a por Diego” acusado dun delito de atentado. Dous axentes do 092, supostamente lesionados nas protestas do 15 de decembro na rotonda, están citados para prestar declaración, como denunciantes e prexudicados, este xoves ás 10 e 10 e media.
A asemblea subliña que “estes axentes aínda están a tempo para deter esta maquinaria. Se teñen vontade de facelo é doado: contar na declaración do xoves a verdade que non contaron nos atestados, isto é, que non houbo ningún tipo de agresión cara eles, nin por parte de Diego, nin por parte de ningún outro membro da Asemblea Aberta de Coia. Os alí presentes sabemos que esa é a verdade, e por isto, convocamos unha concentración de apoio a Diego, e de rexeitamento á manipulación policial”.